Español (spanish formal Internacional)Galician (Galego)
PDF Imprimir Correo-e

INFORMACIÓN SOBRE ACTIVIDADES

 

  •  10/01/2012: Inscríbete nas clases de Encaixe de Camariñas. Tres días á semana de 16:30 a 18:30 con ou sen material. Fai as túas propias labores.

 

  •  12/12/2011: Aberto o prazo de inscripción para a Escoliña de Nadal. Coidado e atención de menores de 3 a 12 anos. Servizo de mañá e tarde nas nosas instalacións da Rúa Liberdade nº 25.

  •  18/11/2011: Encontro TRANSCOOP. Asistencia á xornada entre cooperativas que traballan en sectores de accion social e que foron seleccionadas como Boas Prácticas (BBPP) de empleo cooperativo. Pazo da Cultura de Pontevedra.

  • 20/10/2011: Participación na Xornada de Economia Social: Cooperativas e Sociedades Laborais expondo a experiencia de Faíscas. Fundación Coren. Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Razamonde-Ourense.

 

  • 04/07/2011: Faíscas organiza os xogos populares e celebra o Día do Cooperativismo Galego 2011 nas instalacións da cooperativa Milhulloa S. Coop. Galega en Palas de Rei-Lugo. www.diadocoperativismo2011.com

  • 26/05/2011:  A partir das 11:00 horas no Ceip de Castrelo de Miño en Astaríz, realízanse para os nenos e nenas do centro xogos de animación, globoflexia e maquillaxe  dentro da xornada de conviencia entre centros. Este ano o centro invitado é o Ceip de Amoeiro.

  •  15/04/2011:  Iníciase o prazo para inscribir ós nenos e nenas de 3 a 12 anos na Escoliña de Verán de Ocio e Tempo de Lecer que porá en funcionamento Faíscas a partir do día 23 de xuño en horario de mañán e tarde. Consistirá nun novo servizo de atención e entretemento dos/as menores nas vacacións de verán. As actividades serán: apoio e reforzo escolar, xogos de animación, xoguetes, manualidades, piscina, excursións pola cidade, xogos no parque, psicomotricidade, medioambiente, etc... Consultar servizo de traslados. Xestionado por equipo de profesionais.  ¡¡¡Prazo Rematado!!!

  •  21/03/2011:  FAÍSCAS S. COOP. GALEGA  INAUGURA AS NOVAS INSTALACIÓNS NA RÚA DA LIBERDADE Nº 25-BAIXO. MELLORAMOS PARA DAR MÁIS SERVIZOS Á COMUNIDADE.

 

  •  10/03/2011: A partir das 11:30 Obradoiro de Globoflexia na Rúa do Paseo para celebrar o "Día Mundial do Ril" coa Asociación Alcer Ourense.

 

  • 17/02/2011: Iº Concurso Baile dos Namorados ás 17:00 no Centro Cívico da Cuña. Haberá trofeos para as mellores parellas gañadoras e obsequios para tódolos /as inscritos/as. Promove Concellería de Benestar Social. Organiza Faíscas S. Coop. Galega.

  • 20/12/2010: Festa de Nadal con xogos populares, globoflexia, maquillaxe, etc...para todos os nenos e nenas do C.E.I.P. Ramón Otero Pedraio de O Barco de Valdeorras, organizado pola A.N.P.A.

  • 17/12/2010: Animación de nenos/as de 0 a 3 anos organizado por Saraiba Salud Integral de Ourense.

  • 04/12/2010: Coidado e realización de actividades socio-educativas para nenos/as de Fogares Apoio O Menor Lar en Ourense.

  • 04/12/2010: A partir das 17:30 Obradoiro de Globoflexia organizado por La librería CyC en Ourense.

  • 10/11/2010: Participación na Xornada de Cooperativismo: Asesorías e Asesores, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.
 
  •  04/11/2010: No C.E.I.P de Seixalbo, vaise desenvolver ata xuño de 2011 un Obradoiro de Expresión Corporal e Artística para nenos e nenas de infantil e primaria. Organizado pola ANPA do colexio.

  •  04/10/2010: Comeza o Programa de Apoio Educativo en tres C.E.I.P. da cidade de Ourense coa finalidade de reforzar o papel educativo dos centros e das familias para nenos e nenas con máis dificultade. Promove a Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense.

  •  01/07/ ó 15/07/2010: Faíscas organiza a IIª Escola de Verán para o ciclo de infantil no C.E.I.P. de O Couto, organizado pola ANPA.
 
  • 03/07/2010: Faíscas celebra o Día do Cooperativismo Galego 2010 nas instalacións da cooperativa Adega Condes de Albarei S. Coop. Galega no Pazo Baión en Vilanova de Arousa. www.diadocooperativismogalego2010.com

  • 21/06/2010: Festa de Fin de Curso para os nenos e nenas do C.E.I.P. Santa Mª A Real de Entrimo.
 
  • 17/06/2010: Organización da Festa de Fin de Curso para nenos e nenas da Gardería Infantil Antela en Ourense.
 
  • 04/06/2010: Semana do Cooperativismo en Verín. Faíscas asiste e participa cun stand na Feira Cooperativa expondo os seus servizos.
 
  • 02/06/2010: Xornada onde Faíscas participa na Mesa de Experiencias Cooperativas no sector dos Servizos Sociais no Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín.

  • 9 y 26/05/e 11/06/2010: Faíscas colabora co Centro Equal na ensinanza do obradoiro de Vermi Compost  para nenos e nenas de educación infantil. Ourense.
 
  • 04/05/2010: IIIª Reunión intercooperativa entre Faíscas S. Coop Galega, Metal Unión S. Coop. Galega e Equal S. Coop. Galega no seu albergue en A Barra-Coles. Ourense.

  • 23/03/2010: IIª Reunión intercooperativa entre Faíscas  S. Coop Galega e Equal S. Coop. Galega no seu albergue en A Barra-Coles. Ourense.

  •  11/03/2010: A partir das 11:30 Obradoiro de Globoflexia na Rúa do Paseo para celebrar o "Día Mundial do Ril" coa Asociación Alcer Ourense.

  • 26/02/2010: Iª Reunión intercooperativa entre Faíscas  S. Coop Galega e Equal S. Coop. Galega no seu albergue en A Barra-Coles. Ourense.

  • 19/02/2010: XIII Concurso-Baile dos Namorados no Centro Social A Ponte ás 17:00 horas. Inscripcións no propio centro ou no teléfono 988.249.850. Haberá trofeos para os/as gañadores/as e agasallos para todos/as os/as participantes. Promove Benestar Social do Concello de Ourense. Organiza Faíscas S. Coop. Galega. 

  • 22/12/2009: Festa de Nadal para os nenos e as nenas do C.E.I.P Vicente Risco de Cualedro: visita do Papá Noèl ó colexio, maquillaxe, xogos populares, globoflexia, reparto de caramelos, etc..

  • 22/12/2009: Festa de Nadal para os nenos e nenas da Axencia Tributaria de Ourense: chegada do Papá Noèl, xogos populares, globoflexia, reparto de agasallos, etc..

  • 18/12/2009: Xornada "Contratación Pública e Cooperativismo". Pazo da Cultura de Pontevedra.

 

  • Novembro de 2009:  Queda inaugurada a nosa páxina Web.

 

  • 09/11/09  ó  27/11/09. Curso de coñecementos informáticos. Escola Cooperativa Móbil do Consello Galego de Cooperativas de Galicia. Lugar de realización Ourense.   Interesados/as contactar no Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

  • 06/11/2009: Faíscas participa na mesa de experiencias cooperativas na - "Xornada sobre fomento do cooperativismo de servizos sociais"- no Centro de emprego do Concello de Ferrol.

  • 05/11/2009: Faíscas participa na ponencia -"Experiencia de éxito en cooperativas sociais" - na xornada "Fomento do Cooperativismo en Rodeiro. Retos para o futuro" na Casa da Cultura do Concello de Rodeiro.
 
Faíscas S.Cooperativa Galega - Rúa da Liberdade nº 25-Baixo - 32005 Ourense Telf: 988 249 850 - Fax: 988 269 925
Cartel